Re: [Terminloxía] Chat

Enrique Estévez Fernández eu en keko.me
Lun Mar 19 14:11:36 CET 2012


Boas.

Esquecíanseme estes:

Join chat - Entrar no chat
Room - Sala
Auto-join this Chat Room - Entra automaticamente nesta sala de chat

En principio room estase traducindo como sala, e join como entrar
(entrar á canle).

Como vedes, complicado, a mesma palabra varias traducións, ou é que
está mal redactado en inglés.

Saúdos.

2012/3/19 Enrique Estévez Fernández <eu en keko.me>:
> Boas.
>
> Este correo vai a rolda de Trasno e de galician.mozdev.
>
> Non sei se xa discutiu este termo (supoño que si, pero non atopo nada,
> e nas Trasnadas parece que tampouco).
>
> Ultimamente en Mozilla están traballando arreo e sobre todo co
> Thunderbird. Agora acabanlle de introducir mensaxaría instatánea, e
> estou tendo problemas coa tradución do termo chat e algún similar.
>
> Como traduciríamos chat. Deixamolo igual, traducímolo por conversa,
> por conversación, etc. Copio cadeas para que vexades. Eu optei por non
> traducir chat, xa que o espazo en moitos casos era reducido. Os
> franceses están a traducilo por mensaxaría instantánea, o que me
> pareceu boa idea, polo menos nalgúns contextos como vades ver máis
> adiante, e pódese reducir a MI.
>
> Chat Account Wizard - Asistente da conta de chat (E o título da
> xanela, que non é moi grande)
> Chat network - Rede de chat (Aquí falamos da rede da conta, Yahoo,
> gtalk, etc, por iso o de MI)
> Please choose the network of your chat account - Escolla a rede da súa
> conta de chat
> You haven't set up a chat account yet - Aínda non configurou unha conta de chat
> Let &brandShortName; guide you through the process of setting up your
> chat account - Permitir que o &brandShortName; o guíe no proceso de
> configurar a súa conta de chat.
>
> %S wants to chat with you - %S quere conversar contigo (chat,
> conversar, ata podería ser falar)
>
> Conversations - Conversacións (anque podería ser conversas)
> Conversations will be displayed here. - As conversacións mostráranse aquí
>
> A min chat non me convence e conversa tampouco. Conta de conversa, non
> soa ben, pero conta de mensaxaría instatánea non me desagrada, e a
> breve, conta de MI, tampouco.
>
> Saúdos.