Re: Consulta sobre a localización de Wordpress

Enrique Estévez Fernández keko.gl en gmail.com
Lun Xul 9 13:08:26 CEST 2012


Ola.

A localizacón de Wordpress non ten que pertencer ao Proxecto Trasno, o que
sería bo é que a xente que o traduce pois se subscriba a lista de Trasno e
cando teña dúbidas tamén pregunte nela. O que non podemos desde Trasno, é
estar rexistrados en todas as listas dos proxectos de software libre.

No meu caso particular, cando teño algún termo para discutir, pois envío
correo a ambas listas, a de Mozilla e a de Trasno. Ás veces, só a de
Trasno, que é onde se debate sobre terminoloxía para que estea centralizada
a discusión e poder buscar nun futuro o que se comentou.

Como xa dixen no outro correo, se ao final o novo sitio web de Mozilla está
montado nun WordPress e teño tempo, tentarei de arranxar esas cadeas coas
que non estou dacordo, para manter unha coherencia coa tradución realizada
en Mozilla. En Mozilla aínda hai moitas incoherencias ou traducións
erróneas e que non siguen as recomendacións de Trasno, pero é que son
moitas cadeas que hai que buscar e arranxar que veñen herdadas. Pero un
está no camiño de ir solucionando todos estes detalles.

De entrada eu diríalles que lean a guía de localización de Mancomun e que
empreguen o tbx das Trasnadas. Hai cousas como estas:

An error occurred during the activation Ocorreu un erro durante a activación
There was a problem connecting to the Akismet server. Please check your
server configuration. Houbo un problema ao conectar co servidor de Akismet.
Comproba a configuración do teu servidor.
Os erros non ocorren, non se atopann, ..., chegouse a conclusión de que os
erros se producen
Produciuse un erro durante a activación

OK OK
Creo que se traduce como Aceptar, polo menos así o fago eu

Add or remove tags Engadir ou eliminar etiquetas
Remove estase traducindo por Retirar
Eu aínda no acabei de fixar isto en Mozilla, pero xa fai meses que comecei,
nalgún momento rematarei

Plugins Plugins
Caso complicado.
Como xa comentastes no voso fío que me envías no correo, en Mozilla parece
que non está fixado pero si. Eu optei por traducir: add-on por complemento,
plugin por engadido e extension por extensión. Os de Mozilla fanse un lío,
pero eu non. Eu traduzo cada termo por esas, e desgraciadamente non podo
entrar a valorar se eles se equivocaron na cadea orixinal. E sí, ás veces
na mesma xanela aparecen dous deses termos, que en principio parece que
está mal, pero eu traduzo cada un como indiquei arriba.

Invalid taxonomy Taxonomía non válida
En Mozilla estamos traducindo os invalid e valid por incorrecto e correcto.
Agora non che podo asegurar se isto se fixou en Trasno.

Not Spam Non é spam
Spam estase traducindo por lixo ou non desexado, polo menos no caso do
correo. Aínda que aquí tamén está a palabra junk, que non sei a diferencia
con spam. En principio estanse traducindo indistintamente por correo non
desexado ou correo lixo.

Are you sure you want to do this? Estás seguro de que queres facer isto?
Leave a Reply to %s Deixa una resposta a %s
Como traducides, tu ou vostede? Semella que ti.
En Mozilla úsase o tratamento de vostede. Antón seguro que che pode
explicar mellor a motivación.

Command failed Fallou o comando
Command estase traducindo por orde

Feed for all posts filed under %s Feed para todos os artigos en %s
Feed creo que se está traducindo por fonte, polo menos en Mozilla.

connection not established non se estableceu a conexión
En mozilla estamos empregando a terminación -bel
estabelecer
Non estaría mal usar ble, pero ten que ser o mesmo criterio para todo. Non
sei que preferencia ten Trasno con respecto a isto.

Unable to reach any Akismet servers. Non se puido conectar con ningún
servidor Akismet.
For some strange yet very annoying reason, this post could not be deleted.
Por algunha estraña e molesta razón, non se puido eliminar este artigo.
Unable estase traducindo por Imposíbel, Foi imposíbel, Resultou imposíbel
....
Isto viña na guía de estilo de mancomun
Can not --- Non é posíbel (Non se usaba Non se pode)
Could not --- Non foi posíbel (Non se usaba Non se puido)

Widgets Widgets
Creo que se está traducindo por Trebello
A min cóstame, pero termos que fixalo como se fixo con outros termos

<strong>ERROR</strong>: Cookies are blocked or not supported by your
browser. You must <a href='http://www.google.com/cookies.html'>enable
cookies</a> to use WordPress. <strong>ERRO</strong>: Bloqueáronse as
cookies ou estas non son soportadas polo teu navegador. Tes que <a href='
http://www.google.com/cookies.html'>activar as cookies</a> para usar
WordPress.
Support non se traduce como soportar.
Compatíbel, admitir, ...

Could not set that as the thumbnail image. Try a different attachment. Non
se puido fixar esa imaxe como miniatura. Téntao cun adxunto distinto.
Attachmento non se traduce por adxunto. Anexo e anexar serían os que
estamos empregando.
Images and Attachments Imaxes e anexos
Aquí si que está ben

Please try again! Por favor, téntao de novo!
Non se usa o Por favor, salvo casos moi concretos. Os ingles abusan disto e
non se está usando.

Check Spelling Verificar a ortografía
Eu aínda non o teño arranxado en Mozilla, pero quedouse en on usar
verificar.
En principio debería ser correción ortográfica, algo me comentou Antón que
ven do oficio que existía antes os correctores. Eu cando me lembro pois uso
revisión ou corrección ortográfica. Pero bueno, é recente.

...

Pensei que ía atoparme con máis cousas. Porque o outro día nunha busca
rápida na vesión 3.4, en dúas tres páxinas síronme bastantes. Así, por
riba, a tradución está moi ben, salvo cousas puntuais valeríame.

Non me tomades a mal o que digo. Pero é que o outro día, en pouco espazo
vin:

tratamento de tu
por favor
terminación -ble
cabezallo
conservarn as maiúsculas ao inicio de todas as palabras igual que no inglés

e xa dixen, isto non me vai valer. Pero agora revisando un pouco máis,
parece que está ben. Eu non empregaría o tratamento de tu, nin a
terminación -ble, os erros prodúcense, arranxaría o das maiúsculas que
parece que hai poucos casos, tamén corrixiría o dos unable, could not e can
not e pouca cousa máis.

A verdade é que tedes un bo traballo. Pediríalles que se subscirban a lista
e que pregunten polos termos que teñen dúbidas ou que non saben como
traducilos. Xa que vin varios termos sen traducir, que tamén é verdade non
sei se se chegou a iniciar a discusión. Teño pendente de revisar máis de 50
correos con termos para discutir terminoloxía no meu correo. O tempo dá
para o que dá.

Non sei que tipo de ficheiros usa Wordpress, espero que po. Se teño tempo,
pois unha opción sería rexistrarme e se mo permiten corrixir esas cadeas
que comento, se estades dacordo ou o caso máis fácil, no meu equipo farei
unha modificación do que hai e pedireilles que me suban esa tradución ao
Wordpress que nos monten para a comunidade galega.

De verade, fantástico traballo.Seguro que ata algunhas das cousas que
comento son lerias miñas.

Un saúdo.




2012/7/9 Amador Loureiro Blanco <dorfun en adorfunteca.org>

> Ola Keko
>
> Son Amador Loureiro (dorfun) e como parte implicada na localización de WP
> podo comentarche algo sobre este proxecto.
>
> Por contextualizar un pouco, coñezo ben o traballo de Trasno (*chapeau!*)
> e aínda que non podo colaborar nin implicarme moito directamente, trato de
> facer ver a súa importancia e promocionalo cando podo.
>
> Se non comentei nas listas a posible introdución de WP dentro de Trasno
> (que pola miña banda sería fantástico) foi porque creo que xa hai traballo
> dabondo en Trasno e eu non me podía facer cargo da localización de WP. No
> seu momento optouse (crucei algúns correos con persoas interesadas no
> proxecto) polo uso dos espazos de localización de WP e mantívose alí toda
> referencia á súa tradución (grupo de traballo, web/blogue e ferramente de
> localización en liña [glotpress]), se ben nunca se desbotaron os recursos
> de Trasno (como se cita en
> http://gl.wordpress.org/2011/04/28/wordpress-3-1-2-en-galego/). Lucas
> Vieites e Pablo Galdo son as dúas persoas máis activas na localización de
> WP e non sei se son subscritores desta lista, pero coñecen o traballo de
> Trasno. Se esa decisión foi errónea ou deberamos ter comentado algo nesta
> lista, a culpa probablemente sexa miña. Supoño que aínda estamos a tempo de
> correxir erros.
>
> Sobre os criterios de localización, sempre se tivo presente as
> recomendacións de Trasno (
> http://buddypress.org/community/groups/wordpress-en-galego/forum/topic/traduzir-o-anglicismo-plugin-como-complemento/)
> pero realmente non se optou por unha opción definida.
>
> Non quixera ser moi longo no correo así que deixo aberta a posibilidade de
> integrar WP en Trasno ou calquera outro comentario ou valoración que se
> queira facer sobre o tema.
>
> Saúdos!!!
>
> 2012/7/7 Enrique Estévez Fernández <eu en keko.me>
>
>>  Ola.
>>
>> Alguén pode decirme algo da localización de Wordpress. Estiven vendo a
>> cousa e parece que non está moi aló. Semella que hai un grupo de
>> localización, pero ou non coñecen a Trasno ou non seguen os acordos e
>> guía de estilo de Trasno, que non é obrigatoria, pero para saber
>> quenes son e que criterios empregan.
>>
>> Vexo que usan:
>>
>> válido
>> tratamento de tu
>> por favor
>> terminación -ble
>> cabezallo
>> conservarn as maiúsculas ao inicio de todas as palabras igual que no
>> inglés
>> ...
>>
>> e xa non seguín
>>
>> Alguén pode contarme algo do asunto. Se están en vías de acercarse ao
>> traballo de Trasno, se van ao seu aire, se alguen falou con eles.
>> Preocupame, porque estou vendo de que me monten o sitio web oficial
>> desde a comunidade de mozilla e van crearme un wordpress e a ver que
>> galego ten a interface do sitio web. Xa me
>> vexo arranxando todas esas inconsistencias nun parche para a miña
>> localización do aplicativo e que sexa coherente co traballo de
>> localización que se fai en Mozilla.
>>
>> Simplemente pregunto. Se non farei a miña adaptación para o noso sitio
>> web, por coherencia, aínda que temo non me sobra.
>>
>> Un saúdo.
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto en trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
>
> --
>
> Amador Loureiro Blanco | *dorfun* | *http://www.adorfunteca.org*
> [image: Twitter] <http://www.twitter.com/dorfun> [image: Facebook]<http://www.facebook.com/amador.loureiro.blanco>
>  [image: LinkedIn] <http://www.linkedin.com/in/dorfun> [image: Google
> Reader] <http://www.google.com/reader/shared/dorfun> [image: Blog RSS]<http://feeds.feedburner.com/adorfunteca>
>  [image: SlideShare] <http://www.slideshare.net/dorfun> [image: Flickr]<http://www.flickr.com/photos/dorfun/>
>  [image: YouTube] <http://www.youtube.com/profile?user=dorfun> [image:
> Delicious] <http://delicious.com/dorfun> [image: Last.fm]<http://www.last.fm/user/dorfun/>
>  [image: Tumblr] <http://dorfun.tumblr.com/> [image: Vimeo]<http://vimeo.com/dorfun>
>  [image: FriendFeed] <http://friendfeed.com/dorfun>
> [image: Google Talk/] dorfun [image: Y! messenger/] dorfun [image: MSN/]
> dorfun en hotmail.com [image: Skype/] dorfun
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: <http://listas.trasno.net/pipermail/proxecto/attachments/20120709/4ab1e39e/attachment-0001.html>