Consulta sobre a localización de Wordpress

Enrique Estévez Fernández eu en keko.me
Sab Xul 7 14:08:36 CEST 2012


Ola.

Alguén pode decirme algo da localización de Wordpress. Estiven vendo a
cousa e parece que non está moi aló. Semella que hai un grupo de
localización, pero ou non coñecen a Trasno ou non seguen os acordos e
guía de estilo de Trasno, que non é obrigatoria, pero para saber
quenes son e que criterios empregan.

Vexo que usan:

válido
tratamento de tu
por favor
terminación -ble
cabezallo
conservarn as maiúsculas ao inicio de todas as palabras igual que no inglés
...

e xa non seguín

Alguén pode contarme algo do asunto. Se están en vías de acercarse ao
traballo de Trasno, se van ao seu aire, se alguen falou con eles.
Preocupame, porque estou vendo de que me monten o sitio web oficial
desde a comunidade de mozilla e van crearme un wordpress e a ver que
galego ten a interface do sitio web. Xa me
vexo arranxando todas esas inconsistencias nun parche para a miña
localización do aplicativo e que sexa coherente co traballo de
localización que se fai en Mozilla.

Simplemente pregunto. Se non farei a miña adaptación para o noso sitio
web, por coherencia, aínda que temo non me sobra.

Un saúdo.