Melloras do corrector de galego

damufo damufo en gmail.com
Mar Abr 17 19:04:02 CEST 2012



En 17/04/2012 17:24, Leandro Regueiro escribiu:
> 2012/4/17 damufo<damufo en gmail.com>:
>> Boas:
>>
>> En 17/04/2012 1:20, Antón Méixome escribiu:
>>
>>> El día 17 de abril de 2012 00:34, Fran Dieguez<listas en mabishu.com>
>>>   escribió:
>>>> Conta comigo para movidas técnicas.
>>>>
>>>> Por certo, unha idea... serái posíbel que a RAG nos dera recursos, como
>>>> por
>>>> exemplo un listado dos lemas, para facer deste dicionario algo máis
>>>> completo?
>>> Como falamos aí atrás,
>>> pedinlle ao novo académico, Henrique Monteagudo que mirasen de ofrecer
>>> unha API ou poñer un servidor DICT sincronizado.
>>> Respondeume que xa meteu o asunto para consideración do Pleno e que
>>> non sabía aínda moi ben os procedementos polo que non me podía dar
>>> datas.
>>>
>>> De todas maneiras, non estaría mal enviarlles unha carta un pouco máis
>>> detallada e explicada, porque os académicos en xeral non teñen por que
>>> ter idea de todo isto, aínda que agora haxa persoas que xa si son
>>> tecnoloxicamente accesibles.
>>> O peor inimigo sería que "tivesen medo" ou que alguén con intereses
>>> llelo metesen.
>> Penso que isto sería cousa boa, o da carta. Para evitar o do medo poida que
>> unha boa explicación de en que consiste un servidor DICT e as
>> vantaxes/posibilidades que isto ten axude.
> A estas alturas, e vendo o éxito que tivo o novo dicionario, creo que
> xa deberían ser conscientes de que son cousas necesarias e demandadas
> pola sociedade e ademais moi útiles. E a existencia deste tipo de
> servizos permite crear outros por riba que utilizan por detrás a estes
> outros. Creo sinceramente que explicándollo ben, e contando con que
> ninguén máis lles metera o medo ou llo vaia meter, é bastante seguro
> que o fagan ou lles faciliten a alguén o facelo.
>
> Deica
+1. Concordo.
>>>> Saúdos
>>>>
>>>> Fran Diéguez
>>>> http://www.mabishu.com
>>>> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>>>>
>>>> En 16/04/12 13:19, Antón Méixome escribiu:
>>>>
>>>>> El día 16 de abril de 2012 10:09, damufo<damufo en gmail.com>      escribió:
>>>>>> Boas:
>>>>>> Se non me erro temos unha páxina onde imos deixando constancia de
>>>>>> eivas/melloras a incluír no corrector de galego (hunspell).
>>>>>>
>>>>>> En mancomún hai esta:
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>> http://wiki.mancomun.org/index.php/Corrector_ortogr%C3%A1fico_para_OpenOffice.org#Erros_detectados_e_en_revisi.C3.B3n
>>>>>>
>>>>>> Eu penso que ditas eivas son referidas á versión de mancomún e non á de
>>>>>> Miguel Solla.
>>>>>> Temos algo parecido no wiki de trasno?
>>>>>>
>>>>> Si
>>>>> http://wiki.trasno.net/Corrector_Hunspell
>>>>>
>>>>> A páxina de Mancomun fixeraa eu mesmo e tes razón en que se refiere á
>>>>> versión do corrector de Mancomún
>>>>>
>>>>>
>>>>> (http://wiki.mancomun.org/index.php/Corrector_ortogr%C3%A1fico_para_OpenOffice.org
>>>>> ), previa á de Miguel Solla. Esa páxina está vinculada ao mantemento
>>>>> dos ficheiros na Forxa de Mancomún
>>>>>
>>>>> Se facedes memoria, desde Mancomún pedíronse voluntarios hai xusto
>>>>> agora un ano para responsabilizarse da administración porque en
>>>>> Mancomún non queda ninguén que faga seguimento da Forxa. Este é un
>>>>> proxecto que non ten présas, pero que necesita claridade e
>>>>> estabilidade. Por iso me ofrecín
>>>>>
>>>>> https://forxa.mancomun.org/projects/hunspell-gl/
>>>>>
>>>>> Fixen unha copia por seguranza por se acaso (creo que Fco. Rial tamén
>>>>> tiña unha copia)
>>>>> https://github.com/meixome/hunspell-gl
>>>>> E tamén fun recollendo material, documentación, referencias, ficheiros
>>>>> e todo o que puiden no blog
>>>>> http://blog.openoffice.gl/recursos-ortograficos/
>>>>>
>>>>> Naturalmente é moito choio e coincidiu co propio nacemento de LibO e
>>>>> moitas outras cousas e ata agora non tiven tempo de máis.
>>>>> É evidente que atendendo tantas historias á vez non facilita avanzar.
>>>>> Así que pido axuda para este proxecto grupal de Trasno que o
>>>>> considero, se podes.
>>>>>
>>>>> Hoxe en día habería que recomprobalo todo, recuperar as notas que se
>>>>> foron deixando na lista de Trasno e noutros lugares, e ir sacando
>>>>> melloras, xa que a versión de Proxecto Trasno si que utiliza a versión
>>>>> de hunspell de Miguel Solla.
>>>>>
>>>>> Tamén sería importante empaquetalo e remitilo actualizado ás distintas
>>>>> frontes onde é útil (Mozilla, LibO, AOO, Debian, ...).
>>>>>
>>>>> É dicir hai varios sitios onde hai moito traballo que facer:
>>>>> coordinación, desenvolvemento, empaquetado e mantemento, integración
>>>>> con outras ferramentas, publicidade, erros, probas, etc.
>>>>>
>>>>>
>>>>>
>>>>>
>>>>>
>>>>>
>>>>>> _______________________________________________
>>>>>> Proxecto mailing list
>>>>>> Proxecto en trasno.net
>>>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>>> _______________________________________________
>>>>> Proxecto mailing list
>>>>> Proxecto en trasno.net
>>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto en trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto en trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto