Melloras do corrector de galego

Leandro Regueiro leandro.regueiro en gmail.com
Mar Abr 17 17:24:23 CEST 2012


2012/4/17 damufo <damufo en gmail.com>:
> Boas:
>
> En 17/04/2012 1:20, Antón Méixome escribiu:
>
>> El día 17 de abril de 2012 00:34, Fran Dieguez<listas en mabishu.com>
>>  escribió:
>>>
>>> Conta comigo para movidas técnicas.
>>>
>>> Por certo, unha idea... serái posíbel que a RAG nos dera recursos, como
>>> por
>>> exemplo un listado dos lemas, para facer deste dicionario algo máis
>>> completo?
>>
>> Como falamos aí atrás,
>> pedinlle ao novo académico, Henrique Monteagudo que mirasen de ofrecer
>> unha API ou poñer un servidor DICT sincronizado.
>> Respondeume que xa meteu o asunto para consideración do Pleno e que
>> non sabía aínda moi ben os procedementos polo que non me podía dar
>> datas.
>>
>> De todas maneiras, non estaría mal enviarlles unha carta un pouco máis
>> detallada e explicada, porque os académicos en xeral non teñen por que
>> ter idea de todo isto, aínda que agora haxa persoas que xa si son
>> tecnoloxicamente accesibles.
>> O peor inimigo sería que "tivesen medo" ou que alguén con intereses
>> llelo metesen.
>
> Penso que isto sería cousa boa, o da carta. Para evitar o do medo poida que
> unha boa explicación de en que consiste un servidor DICT e as
> vantaxes/posibilidades que isto ten axude.

A estas alturas, e vendo o éxito que tivo o novo dicionario, creo que
xa deberían ser conscientes de que son cousas necesarias e demandadas
pola sociedade e ademais moi útiles. E a existencia deste tipo de
servizos permite crear outros por riba que utilizan por detrás a estes
outros. Creo sinceramente que explicándollo ben, e contando con que
ninguén máis lles metera o medo ou llo vaia meter, é bastante seguro
que o fagan ou lles faciliten a alguén o facelo.

Deica

>>> Saúdos
>>>
>>> Fran Diéguez
>>> http://www.mabishu.com
>>> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>>>
>>> En 16/04/12 13:19, Antón Méixome escribiu:
>>>
>>>> El día 16 de abril de 2012 10:09, damufo<damufo en gmail.com>    escribió:
>>>>>
>>>>> Boas:
>>>>> Se non me erro temos unha páxina onde imos deixando constancia de
>>>>> eivas/melloras a incluír no corrector de galego (hunspell).
>>>>>
>>>>> En mancomún hai esta:
>>>>>
>>>>>
>>>>> http://wiki.mancomun.org/index.php/Corrector_ortogr%C3%A1fico_para_OpenOffice.org#Erros_detectados_e_en_revisi.C3.B3n
>>>>>
>>>>> Eu penso que ditas eivas son referidas á versión de mancomún e non á de
>>>>> Miguel Solla.
>>>>> Temos algo parecido no wiki de trasno?
>>>>>
>>>> Si
>>>> http://wiki.trasno.net/Corrector_Hunspell
>>>>
>>>> A páxina de Mancomun fixeraa eu mesmo e tes razón en que se refiere á
>>>> versión do corrector de Mancomún
>>>>
>>>>
>>>> (http://wiki.mancomun.org/index.php/Corrector_ortogr%C3%A1fico_para_OpenOffice.org
>>>> ), previa á de Miguel Solla. Esa páxina está vinculada ao mantemento
>>>> dos ficheiros na Forxa de Mancomún
>>>>
>>>> Se facedes memoria, desde Mancomún pedíronse voluntarios hai xusto
>>>> agora un ano para responsabilizarse da administración porque en
>>>> Mancomún non queda ninguén que faga seguimento da Forxa. Este é un
>>>> proxecto que non ten présas, pero que necesita claridade e
>>>> estabilidade. Por iso me ofrecín
>>>>
>>>> https://forxa.mancomun.org/projects/hunspell-gl/
>>>>
>>>> Fixen unha copia por seguranza por se acaso (creo que Fco. Rial tamén
>>>> tiña unha copia)
>>>> https://github.com/meixome/hunspell-gl
>>>> E tamén fun recollendo material, documentación, referencias, ficheiros
>>>> e todo o que puiden no blog
>>>> http://blog.openoffice.gl/recursos-ortograficos/
>>>>
>>>> Naturalmente é moito choio e coincidiu co propio nacemento de LibO e
>>>> moitas outras cousas e ata agora non tiven tempo de máis.
>>>> É evidente que atendendo tantas historias á vez non facilita avanzar.
>>>> Así que pido axuda para este proxecto grupal de Trasno que o
>>>> considero, se podes.
>>>>
>>>> Hoxe en día habería que recomprobalo todo, recuperar as notas que se
>>>> foron deixando na lista de Trasno e noutros lugares, e ir sacando
>>>> melloras, xa que a versión de Proxecto Trasno si que utiliza a versión
>>>> de hunspell de Miguel Solla.
>>>>
>>>> Tamén sería importante empaquetalo e remitilo actualizado ás distintas
>>>> frontes onde é útil (Mozilla, LibO, AOO, Debian, ...).
>>>>
>>>> É dicir hai varios sitios onde hai moito traballo que facer:
>>>> coordinación, desenvolvemento, empaquetado e mantemento, integración
>>>> con outras ferramentas, publicidade, erros, probas, etc.
>>>>
>>>>
>>>>
>>>>
>>>>
>>>>
>>>>> _______________________________________________
>>>>> Proxecto mailing list
>>>>> Proxecto en trasno.net
>>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>>
>>>> _______________________________________________
>>>> Proxecto mailing list
>>>> Proxecto en trasno.net
>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto en trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto