IMPORTANTE - Trasnada

Miguel Bouzada mbouzada en gmail.com
Mar Nov 8 08:29:23 CET 2011


Temos un cambio no espazo onde faremos a Trasnada 11.1

O pasado xoves, sen máis explicacións, novacaixagalicia notificounos que
non poderiamos dispor do espazo que inicialmente tiñamos asignado e que non
poderían asignarnos outro.

Despois dunha busca por Vigo (aquí en fin de semana non hai ningún espazo
público dispoñíbel) puiden conseguir unha sala que nos ceden "Amigos da
Terra".
Esta sala non é tan xeitosa mais ten unha vantaxe importante... é xusto
fronte ao Centro Social, está situado na mesma rúa (Policarpo Sanz) no nº
17 e máis concretamente na entreplanta.

Respecto a asistencia, neste momento teñen confirmado a súa:
Trasnegos:
 - Daniel
 - Jorge
 - Xosé
 - Leandro
 - Antón
 - Bouzada
 - Fran
Non trasnegos
 -Sabela

Como probábeis asistentes están Marce, M Branco e Keko (nalgún momento)


-- 
Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: <http://listas.trasno.net/pipermail/proxecto/attachments/20111108/f241bd3a/attachment.htm>