Trasno Hackfest 2010

Enrique Estévez Fernández keko.gl en gmail.com
Mar Out 5 11:58:32 CEST 2010


Boas.

Eu teño moi complicado ir en fin de semana, pero que moi complicado.
Avisade exactamente que día e a que hora e a ver se podo facer
milagres.

Creo que hai termos nesa lista que están máis que asentados,
discutidos e máis que discutidos, e levo ben pouco na comunidade, pero
bon. Discutide e a ver que sae de ahí.

Saúdos.

2010/10/5 Fran Dieguez <listas en mabishu.com>:
> Antes de responder a Bouzada. Por favor, ide confirmando asistencia ao
> evento que se levará a cabo dentro de 2 semanas.
>
> O Mar, 05-10-2010 ás 11:38 +0200, Miguel Bouzada escribiu:
>> Eu engado
>>
>> Porque empregar só as formas "non é/non foi posíbel" habendo moitas
>> máis expresións e que non levan a monotonía dunha sistematización?
>>
>
> Porque «non se pode», «non se puido» non me parecen naturais e a maioría
> das veces non se adaptan ao contexto da mensaxe.
>
>> O tema "tab" creo que debe quedar pechado definitivamente neste
>> encontro.
>
> Condición indispensábel para GNOME, coido que tenho un par delas mais
> para discutir, porén o «tab» é o máis prioritario.
>
> En dous ou tres días a ver se envio unha lista tamén eu, pero case que
> leandro fixo todo o traballo. De todas formas, hai moitas da lista que
> creo que están fixadas, non é? É por motivos de comunicación ao grupo?
>
>> Falando de frases feitas... adxunto un modelo previo, xa en formato
>> wiki, co que levo recollido. O presi iniciou unha folla no wiki
>> ordenado por "criterios", ahí eu xa me perdo un chisco, así que quen
>> se aclare que empregue este material.
>
> Grazas polo traballo,
>
> Saúdos.
>
>>
>>
>> 2010/10/4 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>
>>         2010/10/3 Fran Dieguez <listas en mabishu.com>:
>>         > Por min perfecto,
>>         > podemos ir lanzando programas nesta rolda?
>>         > E ademais que a xente vaia confirmando asistencia?
>>         >
>>         > Ademais seria interesante que todos enviaramos unha lista
>>         das palabras
>>         > «conflitivas» para que todos foramos masticandoas e chegar a
>>         Ordes e
>>         > discutilas con fundamento...
>>
>>
>>         A miña proposta de lista (téñanse en conta os conceptos con
>>         múltiples
>>         traducións, e conceptos relacionados que tamén conviria
>>         discutir ao
>>         meu entender):
>>
>>         applet (varios ambitos: miniaplicativo vs trebello)
>>         tab
>>         window
>>         invalid
>>         path
>>         plugin (e todo o resto: addon, extension, module, complement)
>>         clipboard
>>         command
>>         grid
>>         about (acerca de/sobre)
>>         computer
>>         daemon
>>         download/upload (verbo e substantivo)
>>         height/width/length
>>         host/hostname
>>         log off/log in/log out/sign in/sign out/...
>>         backend/frontend
>>         pause (verbo e substantivo)
>>         attach/attachment
>>         boot/bootloader
>>
>>
>>         Por se acabamos rápido teño outra lista adicional con cousas
>>         que me
>>         gustaría aclarar a min e non conseguiron entrar na lista de
>>         20, e
>>         outra pequena lista de frases feitas (por chamarlle dalgún
>>         xeito).
>>
>>         Deica,
>>                       Leandro Regueiro
>>
>>         _______________________________________________
>>         Proxecto mailing list
>>         Proxecto en trasno.net
>>         http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto en trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>