Re: GCC e o “disclaimer” para traducir software de GNU

Leandro Regueiro leandro.regueiro en gmail.com
Lun Nov 29 12:42:28 CET 2010


2010/11/29 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
> 2010/11/27 Adrián Chaves Fernández <adriyetichaves en gmail.com>:
>> Hai unhas horas dispúñame a comezar a tradución ao galego do GCC, cando topei
>> con isto[1].
>>
>> O que ven a dicir é que todo o que traduza software de GNU (e poida que outros
>> aplicativos xestionados polo Translation Project) debe antes asinar un
>> “disclaimer”. Non teño nada en contra do “disclaimer” en si, pero iso de
>> enviarlles un correo “analóxico” e ter que agardar preto dun mes... en fin,
>> chamádeme preguiceiro.
>>
>> Non sei quen dos que xa pasaron o choio[2] está na rolda de Trasno (so
>> recoñecín a Leandro, a Tsao e a Jacobo), pero me preguntaba se algún deles
>> estaría disposto a
>
> Aínda me entero de que me lles chegou o disclaimer!!! Moitas grazas Adrián.

En cambio aquí non aparezo como persoa con disclaimer:
http://translationproject.org/team/gl.html

>> a) traducir o aplicativo, ou
>> b) revisar as traducións feitas por min e envialas upstream.
>
> A opción b só a poderiamos facer che aceptaron o disclaimer teu e se a
> quen che revisa tamén lle aceptaron o disclaimer.
>
> A idea do disclaimer é que ninguén poida bloquear o uso das traducións
> para o uso que sexa. A min non me gusta a idea de renunciar ao meu
> copyright en favor da FSF e preferiria algo do estilo dunha licenza,
> pero cando lles enviei o disclaimer dixenlles que só aceptaría o seu
> uso para as traducións que esixiran disclaimer. Como non me
> responderon entendín que ou non lles chegara, ou pecharan o
> chiringuito ou que non aceptaban o disclaimer con esas limitacións.
> Polo visto valeulles.
>
>> E logo hai outra cousa que me pregunto: sería posible que Trasno (ben como
>> proxecto ou de ser preciso como asociación) realizase o trámite este, e que os
>> tradutores podamos mandar as traducións a través de Trasno (tradutor →
>> administrador de Trasno → Translation Project) quedando a tradución “amparada”
>> polo “disclaimer” asinado dende Trasno? É algo complicado, seino, pero se isto
>> fai falla para todos os aplicativos de GNU, paréceme unha opción importante a
>> explorar.
>
> Non creo que sexa posible.
>
>> Senón xa buscarei un HowTo sobre enviar cartas por correo ordinario ;)
>
> Será o mellor.
>