Re: [terminoloxía] Enter: inserir/introducir/escribir...

Miguel Bouzada mbouzada en gmail.com
Lun Nov 8 12:29:16 CET 2010


Eu neste caso emprego habitualmente "introduza" pero nalgún caso, como
actualmente no meego-instaler acaeme mellor "escriba" xa que como ben
comentas, aí non hai outra forma de facelo que "escribindo co teclado".
Outro caso é cando se pide que se defina, en formato /dev/sda p.ex., unha
ruta, dispositivo etc... algo como "Enter device path" no que tamén emprego
(a partir do falado en Ordes) escriba.

2010/11/8 Dani MF <dani en dani.gl>

>
> Boas:
> Na ultima xuntanza falouse sobre enter no sentido de escribir. Penso que
> non se falou/afondou abondo sobre o tema. Non teño claro que sexa a mellor
> tradución.
>
> Poño un exemplo:
> Inglés: Enter password for 'XX'
> Spanish:Introducir contraseña para 'XX'
> Portugués (Brasil): Digite a senha para 'XX'
> Portugués: Introduza a palavra-passe de 'XX'
> Galego?
> Introduza contrasinal (clave, penso que sería máis correcto, pero por
> consistencia deixaría contrasinal) para 'XX'
>
> Eu penso que o que mellor acae é introduza ou insira porque pode que
> teñamos a posibilidade de pegala ou ou outras.
> Realmente se a escribimos pegamos ou incluso ditamos a traveso dalgún
> programa de recoñecemento de voz, penso que non é relevante, o importante é
> que en dito recadro se poña (introduza/insira) a clave.
> Opinións?
>
>
>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: <http://listas.trasno.net/pipermail/proxecto/attachments/20101108/23e1cffd/attachment.htm>