[terminoloxia]Re: Appointment/Meeting

Fran Dieguez listas en mabishu.com
Mar Nov 2 23:07:39 CET 2010


Temos que darnos de conta dunha cousa...
Nos non pagamos cenas en luxosos restaurantes nin podemos pagar primas
por presentacións rocambolescas.

Señores, sinto dicir isto, NOS NON VENDEMOS!

Aínda así eu seguirei no tesón de impulsar o SwL. 
Primeiro ignórante, logo ridiculízante e finalmente únense a ti.
-- 
Fran Dieguez
Coordinator of Galician translators team of GNOME and Ubuntu
Trasno Association (www.trasno.net) 

O Mar, 02-11-2010 ás 22:21 +0100, Antón Méixome escribiu:
> Desculpádeme se se me nota un chisco irritado co que se fai cos cartos
> públicos pero é que acabo de ler isto
> 
> Windows 7, Windows Live e Office 2010 en galego
> Finalmente, aproveitou a ocasión para anunciar a próxima presentación
> das actualizacións en galego dos produtos da empresa Microsoft: o
> sistema operativo Windows 7, o paquete ofimático Office 2010 e a
> plataforma Live.
> 
> Todo isto vén demostrar, unha vez máis, que a tecnoloxía, as ciencias
> e calquera outro ámbito do saber e do coñecemento se pode (e de feito)
> se está a construír en lingua galega, concluíu Anxo Lorenzo.
> 
> http://www.xunta.es/notas-de-prensa?content=/Portal-Web/Contidos/Novas/nova_estandar8523.html
> 
> 
> 2010/11/2 Antón Méixome <certima en certima.net>:
> > 2010/11/2 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
> >> 2010/11/2 Antón Méixome <certima en certima.net>:
> >>> 2010/11/2 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
> >>>> 2010/11/2 Javier Pico <fjpa.fazouro en gmail.com>:
> >>>>>
> >>>>>
> >>>>> 2010/11/2 marcoslansgarza en gmail.com <marcoslansgarza en gmail.com>
> >>>>>>
> >>>>>> Appointment e meeting están traducidos ambos os dous como 'Cita' no
> >>>>>> evolution. Que pensades de traducir appointment como 'cita' e meeting
> >>>>>> como 'reunión'??
> >>>>>
> >>>>> +1
> >>>>>
> >>>
> >>> +1
> >>>
> >>> Resumo da miña posición
> >>>
> >>> appointement - cita
> >>> meeting - 1. reunión, encontro
> >>>              2. mitin, acto político
> >>> event - 1. actividade, actuación
> >>>           2. evento
> >>>
> >>>
> >>>
> >>> Quizais «meeting» como «encontro» acaia mellor nalgúns contextos.
> >>> Quero dicir que se podería manter un dobrete reunión/encontro.
> >>
> >> Independentemente de se as dúas son válidas penso que sería preferible
> >> usar unha soa.
> >>
> >>>>> Parécenme correctas esas traducións que propós.
> >>>>
> >>>> Despois de facer números e consultar as opcións escolleitas nos
> >>>> glosarios parece que o que se fai e se recomenda é o que ti dis.
> >>>>
> >>>>>> Tamén event aparece unhas veces como 'evento' e outras como
> >>>>>> 'actividade', non encontro ningún acordo sobre isto, por cal opto??
> >>>>>>
> >>>
> >>> Respecto de «event» traducido como «evento» ten certas arestas, porque
> >>> tanto en galego como en castelán os seus valores non son tan amplos
> >>> coma no inglés. Moitos autores consideran un anglicismo inaceptable,
> >>> un falso amigo, o de «evento» significando "calquera cousa". En galego
> >>> refire circunstancias extraordinarias, non planificadas ou
> >>> inesperadas. En español, os usos parellos aos do inglés son
> >>> considerados americanismos... xa sabemos por qué.
> >>>
> >>> [gl]
> >>> eventos.m. 1. Suceso posible. Cómpre estar preparados para calquera
> >>> evento. 2. Cousa que sucede. Foi todo un evento para a vila a visita
> >>> real. SIN. acontecemento, suceso.
> >>>
> >>> [en]
> >>> Event can refer to many things such as:
> >>>
> >>>    * A phenomenon, any observable occurrence, or an extraordinary occurrence
> >>>
> >>> A type of gathering:
> >>>
> >>>    * A ceremony, for example, a marriage
> >>>    * A competition, for example, a sports competition
> >>>    * A convention (meeting)
> >>>    * A happening, a performance or situation meant to be considered as art
> >>>    * A festival, for example, a musical event
> >>>    * A media event, a happening that attracts coverage by mass media
> >>>    * A party
> >>>    * A sporting event
> >>>
> >>> [es]
> >>> Di a RAE
> >>>
> >>> evento.
> >>>
> >>> (Del lat. eventus).
> >>>
> >>> 1. m. acaecimiento.
> >>>
> >>> 2. m. Eventualidad, hecho imprevisto, o que puede acaecer.
> >>>
> >>> 3. m. Cuba, El Salv., Méx., Perú, Ur. y Ven. Suceso importante y
> >>> programado, de índole social, académica, artística o deportiva.
> >>>
> >>> Pero,
> >>>
> >>> Por exemplo, no Diccionario de usos y dudas del español actual, do
> >>> mestre José Martínez de Sousa, auténtica autoridade na norma escrita
> >>> do español:
> >>>
> >>> «... Es impropiedad aplicar esta palabra a sucesos previstos y
> >>> preparados. Obsérvese que la propia Academia lo define como
> >>> eventualidad, es decir, lo que puede suceder o no. »
> >>>
> >>> [pt]
> >>> evento
> >>> s. m.
> >>> 1. Acontecimento; sucesso.
> >>> 2. Êxito.
> >>>
> >>>
> >>> En resumo, en galego non é aceptable evento, en español, medianamente
> >>> pero en xeral non; e en portugués tampouco... outra cousa é a moda
> >>> actual en redes sociais, prensa, política, ... O mesmo se pode aplicar
> >>> ao uso de «eventual» que hai quen xa o utiliza á maneira inglesa, co
> >>> valor de algo definitivo, ou resultado final, cando o significado que
> >>> nós lle damos é de algo que depende case dun azar fatal, accidental ou
> >>> moi de circunstancias.
> >>>
> >>> Cando algo se programa é forma parte dun conxunto de actividades, é
> >>> unha actividade... e para quen a realiza, tamén é unha actuación,
> >>> desde un grupo de teatro a un xuíz. A diferencia entre
> >>> actividade/actuación é o grao de formalidade, transcendencia ou
> >>> responsabilidade, sempre máis acusado no caso de actuación, que por
> >>> algo deriva de «acto».
> >>>
> >>> Iso por un lado. Polo outro está o uso como termo computacional, onde
> >>> non hai ningún problema en consideralo unha acción ou mensaxe
> >>> informativa entre o computador e o usuario. Ex. Os clics do rato e
> >>> acción programada que executan, serían eventos do rato. Aquí sería
> >>> unha adaptación do inglés «event» no ámbito da especialidade,
> >>> perfectamente viable.
> >>
> >> Se entendín ben "evento" é aceptable para cousas como o dos eventos do
> >> rato, pero non no contexto de "actos públicos" como a XGN ou algo así,
> >> non? A verdade é que non estou seguro de telo entendido :)
> >
> >
> > A XGN é un evento? Mancomún di que si... e RAG di que non
> > http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/obradoiros-de-software-libre-na-xgn/
> >
> > É un acontecemento? non, é unha reunión anual, unha feira, unha festa,
> > unha celebración, unha xoldra que alguén mantén como actividade
> > ordinaria e onde actúan un bo feixe de actores, entre eles
> > programadores culturais, xestores e xornalistas "contaminados" pola
> > influencia do inglés e polo americanismo cool. Como lingüista non podo
> > admitir que «evento» sexa terminoloxía necesaria dos medios de
> > comunicación, así que censuro o seu mal uso. A moda esta non ten din
> > 10 anos. E no caso da XGN, en bo inglés diríase «exhibition» que é ben
> > máis preciso ...
> >
> > Un evento é o que lles pasou co de Málaga, a inesperada cancelación
> > http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/a-libre-software-world-conference-celebrase-o-27-de-outubro-en-malaga/
> >
> > O clic do rato que abre unha páxina nunha lapela é un evento ? si e
> > tameń calquera uso específico en programación, control de datos... en
> > resumo é unha función
> > http://www.springerlink.com/content/y2154583r2837270/
> >
> >
> >
> >
> >>
> >>>>> Supoño que, como en moitos outros casos, podes optar pola que mellor se
> >>>>> axeite en cada ocasión.
> >>>>
> >>>> Pode que en contextos diferentes necesiten traducións diferentes.
> >>>>
> >>>> A próxima vez que envíes consultas sobre terminoloxía que o asunto da
> >>>> mensaxe comece por "[Terminoloxía]", por favor.
> >> _______________________________________________
> >> Proxecto mailing list
> >> Proxecto en trasno.net
> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >>
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto